Ambulancias

No ano 1978, cunha ambulancia-turismo, foi o comezo no sector do transporte sanitario, traballando para o Insalud, logo coa chegada das autonomías e o traspaso ao SERGAS, a empresa adxudicouse o primeiro contrato e dende ahi foise aumentando o número de ambulancias.

O paso dos anos, a evolución das normativas, a existencia de novas leis, etc, a empresa foise adaptando e evolucionando de acorde coas esixencias.

O noso persoal son auténticos profesionais do sector estando todos eles en posesión dos correspondentes Títulos do Transporte Sanitario, con anos de experiencia.

Polo ano 1998 en Galicia deuse un gran salto coa implantación de dous novos sistemas de transporte:

  • Transporte urxente - 061
  • Transporte programado

A empresa dispón dunha ampla frota de vehículos-ambulancias totalmente equipados para dar cobertura a calquera servizo de transporte sanitario que se nos puidese demandar ou para dar cobertura de apoio para calquera exhibición, competición deportiva ou outro evento que requira da nosa presenza.

A empresa de ambulancias, está en posesión de Certificados de Calidade - baixo a norma UNE EN ISO 9001:2008, Medio UNE EN ISO 14001 e específica en transporte sanitario Norma UNE 179002 dende o ano 2006.

  

Os municipios que cubrimos para o Servizo Galego de Saude (SERGAS), son os seguintes:

  • Transporte urxente - 061: Becerreá, As Nogais, Pedrafita, Cervantes e Baralla.
  • Transporte programado: Becerreá, As Nogais, Pedrafita e Baralla.

Pertencemos a:

  • APEAL (asociación Provincial de Empresarios de Ambulancias de Lugo) www.apeal.es
  • FEGAM (Federación Galega de Ambulancias)
  • ANEA (Asociación Nacional de Empresarios de Ambulancias ) www.anea.es

 
Ver galerías de fotos